Biografía
Mike Rolling a.k.a Mestre Rulos.
Multinstrumentista, mestre e musicólogo galego especializado na música electroacústica e experimental e a súa relación co arte audiovisual.
Leva editados máis de 40 álbumes como intérprete, arranxista, compositor e productor de música alternativa e de vangarda; así como de música para o cine, televisión, teatro e as artes plásticas.
Articulador de paisaxes sonoras e constructor de instrumentación non convencional. Experimentador e improvisador sistemático na procura continua de novos sonidos e tímbrica experimental, que extrae do mesmo xeito, dun saxo barítono electrificado coma dun xoguete electrónico modificado.