Leucochloridium - Doenza II (2008)

Leucochloridium - Doenza II (2008)
A partires da idea da experimentación dun concepto antes
da súa comprensión, o Combo Experimental Leucochloridium
presenta esta nova instalación na que o público é o verdadeiro
protagonista.
Coa colaboración dos creadores de espazos visuais d-rndm
e da poetisa Lorena Souto, propoñemos un exercicio de
percepción no que o público terá que construír e interpretar
mentalmente os diferentes elementos da obra, tanto sonoros
coma ambientais e visuais.
A propia distribución dos elementos que conforman o espectáculo
potencia esa composición mental da obra dun xeito totalmente
individualizado, de modo que o resultado será diferente segundo
quen o perciba; sempre a partir dos referentes conceptuais que
ofrecemos. O obxectivo de Leucochloridium realmente non é
que o público perciba a obra como está habituado a facelo, se
non que se mergulle nela e a viva coma una experiencia que
abrangue os diferentes sensos.
Por medio desta percepción inmediata propoñemos una reflexión
sobre o efémero da experiencia estética e cuestionamos o papel
das diferentes disciplinas artísticas coma algo inmóbil, en especial
do rol da música na nosa sociedade, que mudou en algo artificial
e afastado das nosas vivencias diarias.
Doenza II é polo tanto unha experiencia estética, pero tamén
unha viaxe a eses outros mundos que poboan o subconsciente
do individuo e que varían dependendo do suxeito. Unha viaxe
cara a reflexión e ao subconsciente que nós pretendemos
potenciar e inducir con esta proposta.
Lugo, outubro 2008
 
Leucochloridium é un parásito, un dos poucos que se evidencian
de xeito externo, terrible porque leva á autodestrución do seu
portador, pero fermoso desde un punto de vista meramente
estético. Este parásito instálase no seu anfitrión, un caracol, que
desde ese momento pasa a ser un auténtico caracol zombie, é dicir,
que se converte nun vehículo para chegar ao seu obxectivo principal:
un paxaro. O parásito ocupa o interior da súa vítima e convérteo
nun palpitante ser de rechamantes cores cuxa finalidade é chamar
a atención dos paxaros. Estes devoran ó caracol e o parásito
introdúcese no seu sistema dixestivo. Unha vez logrado, o ave
expulsa ao parásito por medio das súas feces, outro caracol inféctase
con elas e volta a empezar todo o ciclo.
Baixo esta denominación atopamos á formación sonora
chamada Leucochloridium cun obxectivo de seu similar ao
deste curioso parásito. O fin desta experiencia é chegar á mente
do espectador e infectar o seu cerebro para alcanzar o seu
subconsciente, é polo tanto un acto involuntario e inevitable
(coma un zombie que busca devorar cerebros sen un motivo
aparente, pero movido por unha ansia irrefreable) é un acto de
rebeldía respecto das pautas habituais da música, nas que se
busca unha finalidade lúdica, Leucochloridium non pretende
entreter nin reconfortar, nin tan sequera transmitir unha mensaxe
positiva, máis ben esta experiencia produce todo o contrario,
experimentar a angustia e a ansiedade no espectador pero non
cun obxectivo destrutivo, se non como medio para a reflexión
acerca das normas establecidas.
Outro dos alicerces deste proxecto é a inmediatez, a imposibilidade
de repetir o mesmo, destacando o efémero que envolve a toda
experiencia estética, dando prioridade a unha acción que non se
repetirá nunca do mesmo xeito, xogando constantemente coa
capacidade de improvisación tanto na execución como no impacto
causado no público, que en calquera momento pode converterse
en protagonista da experiencia dunha forma totalmente
involuntaria, rompendo a barreira que separa a intérpretes e a
público (como un grupo de zombies que reacciona a ese impulso
fortuíto que produce moitas veces o son).
Leucochloridium é polo tanto unha experiencia dificilmente
musical, é máis ben a procura da vivencia estética en si mesma,
dando validez a calquera medio sonoro e destacando a
importancia desta vivencia estética ante calquera outro
orzamento convencional. A reflexión, a experimentación dun
concepto antes que a comprensión mental do mesmo, o acto
involuntario que nos leva a pechar os ollos ante algo
desagradable e o principio que pode convertelo en todo o
contrario, son as bases que moven este proxecto tan difícil de
clasificar como sinxelo de experimentar.
 
Formación:
Ricardo Cuadrado y Gris
Fabio Lucas
Mestre Rulos
Contacto:
Miguel
657655085
Fabio
669194032
rulillos@gmail.com
iglesiasgilfabio@gmail.com
www.myspace.com/leucochloridium
Instalación Sonora:
Combo Experimental Leucochloridium
Fabio Lucas
Ricardo Cuadrado y Gris
Mestre Rulos
Humandance
Espacios visuais:
d-rndm
Luis Salgado
Marcos Turnes
Sonogramas líricos:
Lorena Souto
Son:
Con Un Par Recordings
Producción artística:
Álvaro Pardo
Organiza:
Trasnosound Events