Leucochloridium (2004-actualidade)

Leucochloridium (2004-actualidade)
Leucochloridium é un parásito, un dos poucos que se evidencian
de xeito externo, terrible porque leva á autodestrución do seu
portador, pero fermoso desde un punto de vista meramente
estético. Este parásito instálase no seu anfitrión, un caracol, que
desde ese momento pasa a ser un auténtico caracol zombie, é dicir,
que se converte nun vehículo para chegar ao seu obxectivo principal:
un paxaro. O parásito ocupa o interior da súa vítima e convérteo
nun palpitante ser de rechamantes cores cuxa finalidade é chamar
a atención dos paxaros. Estes devoran ó caracol e o parásito
introdúcese no seu sistema dixestivo. Unha vez logrado, o ave
expulsa ao parásito por medio das súas feces, outro caracol inféctase
con elas e volta a empezar todo o ciclo.
Baixo esta denominación atopamos á formación sonora
chamada Leucochloridium cun obxectivo de seu similar ao
deste curioso parásito. O fin desta experiencia é chegar á mente
do espectador e infectar o seu cerebro para alcanzar o seu
subconsciente, é polo tanto un acto involuntario e inevitable
(coma un zombie que busca devorar cerebros sen un motivo
aparente, pero movido por unha ansia irrefreable) é un acto de
rebeldía respecto das pautas habituais da música, nas que se
busca unha finalidade lúdica, Leucochloridium non pretende
entreter nin reconfortar, nin tan sequera transmitir unha mensaxe
positiva, máis ben esta experiencia produce todo o contrario,
experimentar a angustia e a ansiedade no espectador pero non
cun obxectivo destrutivo, se non como medio para a reflexión
acerca das normas establecidas.
Outro dos alicerces deste proxecto é a inmediatez, a imposibilidade
de repetir o mesmo, destacando o efémero que envolve a toda
experiencia estética, dando prioridade a unha acción que non se
repetirá nunca do mesmo xeito, xogando constantemente coa
capacidade de improvisación tanto na execución como no impacto
causado no público, que en calquera momento pode converterse
en protagonista da experiencia dunha forma totalmente
involuntaria, rompendo a barreira que separa a intérpretes e a
público (como un grupo de zombies que reacciona a ese impulso
fortuíto que produce moitas veces o son).
Leucochloridium é polo tanto unha experiencia dificilmente
musical, é máis ben a procura da vivencia estética en si mesma,
dando validez a calquera medio sonoro e destacando a
importancia desta vivencia estética ante calquera outro
orzamento convencional. A reflexión, a experimentación dun
concepto antes que a comprensión mental do mesmo, o acto
involuntario que nos leva a pechar os ollos ante algo
desagradable e o principio que pode convertelo en todo o
contrario, son as bases que moven este proxecto tan difícil de
clasificar como sinxelo de experimentar.
 
Formación:
Ricardo Cuadrado y Gris
Fabio Lucas
Mestre Rulos
 

Aquí podes descargar o album     Leucochloridium - 250.305