Kozmic Muffin/Chévere - O navegante (2001)

Kozmic Muffin/Chévere - O navegante (2001)

Banda Sonora Orixinal de “O Navegante “, espectáculo da compañía Chévere de Santiago de Compostela.

Un espectáculo multimedia para todos os públicos no que os espectadores e os actores comparten un mesmo espazo reducido situados dentro dunha carpa hinchable: a cúpula amniótica, o viveiro orgánico.

O Proxecto Navegante achéganos as sensacións, peripecias e pensamentos dun feto humano gracias a MATRIZ 2001, un programa que traduce os impulsos eléctricos neuronais en palabras. Seremos testemuñas dunha misión intergaláctica cara ao descoñecido na que un feto-cosmonauta terá que enfrontar situacións derivadas tanto do seu crecimento, coma de factores alleos representados polo control médico e a manipulación bio-tecnolóxica da vida.

Unha viaxe alucinante ao fondo da matriz.