Grupo de Creación Sonora GCMUS da Universidade de Santiago de Compostela (2014)

Grupo de Creación Sonora GCMUS da Universidade de Santiago de Compostela (2014)

Grupo de Creación Sonora. Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo)

DIRECCIÓN: M. Inmaculada Cárdenas

Despois de 15 anos de traballo, o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago entra nunha nova etapa na que pretende que o público en xeral coñeza máis de cerca as súas propostas. Con este fin e durante este curso académico, propóñense dúas liñas de traballo:

Por un lado os SONS CREATIVOS, plataforma de intercambio cultural, investigación e creación sonora, chegará no ano 2014 á súa sexta edición. Para estas xornadas, que se programarán arredor do mes de maio como vén sendo habitual, estase a traballar nun proxecto no que teñan cabida novos artistas galegos, ademais dos investigadores, artistas e músicos das distintas universidades convidadas, incluíndo intervencións, performances e propostas relacionadas coa arte sonora e coas músicas máis alternativas.